Galca


Adicámonos ao asesoramento e administración de entidades e proxectos da economía social que fundamentalmente teñen que ver co acceso á vivenda en condicións de calidade digna. Para desenvolver este labor contamos cun persoal que non só conta con dezaoito anos de experiencia no sector, senón que ten un firme compromiso social, baseado na participación, coxestión e información constante entre as partes.

En Galca Solucións Habitacionais apostamos por un concepto na administración de fincas introducindo as TIC (nomeadamente o contacto directo a través de mensaxería telefónica - Whatsapp/Telegram) como ferramenta fundamental de comunicación e información entre os propietarios e o administrador. Por outra, introdúcese o concepto de Xestión Integral do Edificio, entendido como tal a axeitada e periódica conservación das instalacións e servizos comúns a través de empresas cualificadas, reducindo o número de incidencias comunicadas polos propietarios e incrementando a prevención e presencia dos servizos de mantemento. Esta xestión integral virá dada a través da elaboración anual do orzamento de ingresos e gastos, en base ás necesidades reais do edificio.

En canto á xestión documental, o administrador desempeña tamén as labores de secretaría e establece un protocolo de comunicacións, producíndose incluso unha atención presencial in situ, no inmoble e periódicamente si existe espazo comunitario que o posibilite.

  • Constitución da comunidade de propietarios, de ser necesario
    • Redacción dos estatutos sociais e, de ser o caso, do regulamento de réxime interno
    • Elección do servizos de mantemento, segundo o Libro do Edificio, incluidos limpeza, electricidade, instalacións contra incendios e xardinería, de ser necesarios
    • Elección de seguros contra danos, incendios, roubos, responsabilidade civil e/ou multirrisco
    • Posta en marcha de local social, de existir, e alta no servizo online
    • Incorporación ao servizo online da documentación existente: escritura de obra nova, división horizontal, estatutos, memoria do proxecto definitivo de execución de obra, planos definitivos, licencias, garantías e outra documentación dos instaladores e Libro do Edificio, así como contratos que tivera celebrado a comunidade con terceiros
    • Orzamento e Plan de gastos constitutivo
  • Servizos xerais
    • Administración: Xestión das relacións internas
    • Secretaría: Libro de actas
    • Secretaría: Xuntas xerais
    • Secretaría: Estatutos e normas de réxime interno
    • Tesousería: Orzamento anual
    • Tesousería: Informes contables
    • Tesousería: Xestión de cobros
    • Asesoría: Aclaración sobre aspectos legais
    • Asesoría: Cumprimento dos deberes e obrigas dos propietarios
    • Asesoría: Servizos xurídicos

Rexistro de demandantes de vivenda

O éxito do cooperativismo é a capacidade de que un grupo de persoas cun obxectivo común sexan quen de acordar accións conxuntas e coordinadas en favor de acadar o mesmo. O acceso a unha vivenda no que traballamos non sigue os procesos habituais no mercado dunha compravenda ou aluguer. Os interesados deben estar organizados e ter determinado os criterios mínimos que caracterizarán o seu obxectivo antes de poder iniciar a promoción da vivenda á que acceder.

Animámoste a que te deas de alta no noso rexistro de demandantes de vivenda, a través do cal poderás coñecer de primeira man as iniciativas que impulsamos e que participes na que sexa do teu interese. En cumprimento da Lei de Protección de Datos, éstes terán como único e exclusivo destino que GALCA te informe das opcións cooperativas que podan xurdir, podendo exercer o teu dereito de anulación e eliminación da nosa base de datos en calqueira momento.

Metodoloxía de traballo

A atención ao socio, o asesoramento e a coordinación entre os órganos de decisión e os axentes intervintes no proceso constructivo (arquitectos, enxeñeiros, constructora, etc.) son os factores claves para que a promoción sexa un éxito.

Os pilares fundamentales a hora de establecer un fluxo de información na xestión de cooperativas de vivendas son os seguintes:

  • Aplicación das TIC
  • Atención presencial ao socio de xeito periódico e constante
  • Coordinación técnica periódica, mediante revisión do proceso constructivo
  • Os fluxos de traballo e información entre a cooperativa, equipo xestor e equipo técnico son fundamentais para efectivizar o funcionamento dunha promoción destas características. A filosofía que une aos tres equipos é a da optimización dos recursos, acadando a mellor vivenda posible, incluíndo o maior número de innovacións constructivas en función das características da actuación e velando sempre pola consecución da mellor relación calidade-custe
  • O coñecemento dos axentes intervintes, custos e prezos de mercado dos mesmos (excavacións, estudos xeotécnicos, enxeñeiros, estudos de arquitectura, dirección de obras, OCT, etc.) permítenos dominar a parte clave dos proxectos: O Estudo Económico. Unha labor fundamental resulta a vixilancia do cumprimento do mesmo, traballando para mellorar os prezos e calidades en moitos dos casos
  • O servizo de xestión vai máis aló do acceso á vivenda, xa que incorporamos o asesoramento no deseño de interiores e a posterior xestión do edificio. A singular e estreita relación cos destinatarios finais das vivendas trata de promover unha paz social que se traduce en maior calidade de vida residencial

Xestión integral de cooperativas e outros procesos de promoción


A continuación mostránse as actuacións realizadas na xestión integral de cooperativas de vivendas, e máis adiante pódense ver algúns casos de éxito.

  • Asesoramento presencial en Asembleas Xerais e Consellos Reitores
  • Asesoramento e supervisión de Tesourería
  • Contabilidade e presentación de documentación a auditoras e administracións públicas
  • Xestións financieiras ante entidades de crédito
  • Xestión das comisións sociais (venta de locais e outros anexos...) se as houbera
  • Redacción de contratos
  • Participación nas licitacións e seleccións dos diferentes axentes involucrados nas promocións
  • Realización do Estudo Económico, Plan de Control de Execución de obra e Cadros de Tesourería
  • Preparación de documentación e información para os Consellos Reitores
  • Preparación de documentación e información para as Asambleas Xerais
  • Atención ao socio presencial, telefónica e TIC
  • Xestión de documentación con notarías, letrados, arquitectos, entidades financieiras, rexistros e similares
  • Redacción da División Horizontal, Estatutos e Normas de Réxime Interno
  • Xestións coas administracións, especialmente co Rexistro de Cooperativas
  • Xestión documental en xeral
  • Asesoramento e/ou xestión no deseño de interiores
  • Constitución e administración, de ser o caso, da comunidade de propietarios
Veciñas de Vigo Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

Veciñas de Vigo Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

Participación no equipo xestor.

288 vivendas de protección autonómica (anexos e locais comerciais). PARCELA XVI adxudicada en concurso publico convocado polo IGVS no ano 2002. Obtención da Califación Definitiva de VPA o 27/07/2006.


Eduardo Chao III Sociedade Cooperativa Galega Veciñal

Eduardo Chao III Sociedade Cooperativa Galega Veciñal

192 VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA (ANEXOS E LOCAIS COMERCIAIS) Parcelas P-XIX e XX adxudicadas definitivamente por resolución de 27 de setembro de 2007 tras concurso público convocado polo INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO no ano 2006.

Baiona Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

Baiona Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

En disolución

17 vivendas de protección autonómica de prezo xeral e anexos. Parcela 7 UEU nº 4 adxudicada definitivamente por resolución da Alcaldía de Baiona de data 12/02/2007 tras concurso público convocado en DOGA num. 226 de 23/11/2006. Declaración definitiva de VPA no 2010.

Sociedade Cooperativa Galega A Colmea

Sociedade Cooperativa Galega A Colmea

13 vivendas libres (anexos e locais comerciais). Parcela propiedade dos socios cooperativistas por compravenda. Constituida o 19/01/2005. Adxudicación das vivendas no 2008.



Veciñas de Vigo Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

A Carnocha Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

25 vivendas de protección autonómica de prezo xeral e anexos. Parcela Z-12 do Parque Residencial do Ofimático, en Eirís, en A Coruña.


San Paio SCGV

San Paio SCGV

32 vivendasde protección autonómica en réxime de adxudicación e de aluguer, anexos e local comercial. En proceso de construcción, con obtención de licenza de obra en Setembro do 2017.

Incidencia do aillamento térmico e acústico. Calidade base dunha construcción