Adicámonos ao asesoramento e administración de entidades e proxectos da economía social que fundamentalmente teñen que ver co acceso á vivenda en condicións de calidade digna. Para desenvolver este labor contamos cun persoal que non só conta con dezaoito anos de experiencia no sector, senón que ten un firme compromiso social, baseado na participación, coxestión e información constante entre as partes.
En Galca Solucións Habitacionais apostamos por un concepto na administración de fincas introducindo as TIC (nomeadamente o contacto directo a través de mensaxería telefónica - Whatsapp/Telegram) como ferramenta fundamental de comunicación e información entre os propietarios e o administrador. Por outra, introdúcese o concepto de Xestión Integral do Edificio, entendido como tal a axeitada e periódica conservación das instalacións e servizos comúns a través de empresas cualificadas, reducindo o número de incidencias comunicadas polos propietarios e incrementando a prevención e presencia dos servizos de mantemento. Esta xestión integral virá dada a través da elaboración anual do orzamento de ingresos e gastos, en base ás necesidades reais do edificio.
En canto á xestión documental, o administrador desempeña tamén as labores de secretaría e establece un protocolo de comunicacións, producíndose incluso unha atención presencial in situ, no inmoble e periódicamente si existe espazo comunitario que o posibilite.
O éxito do cooperativismo é a capacidade de que un grupo de persoas cun obxectivo común sexan quen de acordar accións conxuntas e coordinadas en favor de acadar o mesmo. O acceso a unha vivenda no que traballamos non sigue os procesos habituais no mercado dunha compravenda ou aluguer. Os interesados deben estar organizados e ter determinado os criterios mínimos que caracterizarán o seu obxectivo antes de poder iniciar a promoción da vivenda á que acceder.
Animámoste a que te deas de alta no noso rexistro de demandantes de vivenda, a través do cal poderás coñecer de primeira man as iniciativas que impulsamos e que participes na que sexa do teu interese. En cumprimento da Lei de Protección de Datos, éstes terán como único e exclusivo destino que GALCA te informe das opcións cooperativas que podan xurdir, podendo exercer o teu dereito de anulación e eliminación da nosa base de datos en calqueira momento.
A atención ao socio, o asesoramento e a coordinación entre os órganos de decisión e os axentes intervintes no proceso constructivo (arquitectos, enxeñeiros, constructora, etc.) son os factores claves para que a promoción sexa un éxito.
Os pilares fundamentales a hora de establecer un fluxo de información na xestión de cooperativas de vivendas son os seguintes: